xoves, 28 de setembro de 2017

Comezamos o curso 2017-18 recordando a IV Festa das Palabras, que tivo lugar o pasado 6 de xuño de 2017.
A Festa das Palabras é o remate ao proxecto anual que levan a cabo todos os centros de ensino da Estrada. Entrega de premios do Concurso de Micropoemas e microrrelatos. Intervención do padriño da festa, nesta cuarta edición, Antonio García Teijeiro e intervención musical a cargo do Coro IES Antón Losada Diéguez. 
A Festa esta organizada polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos da Estrada, DINAMIZAESTRADA. Os centros participantes son: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES nº Un, IES Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez. 

 Aí queda o video completo da Festa:



Podes ver as mellores imaxes da Festa picando na imaxe

https://photos.app.goo.gl/BKiEnJvI2jbSTCil1

sábado, 3 de xuño de 2017

Preséntase a IV edición da Festa das Palabras na Estrada


O pasado martes, 30 de maio,  presentouse no Concello da Estrada a 3º Edición da Festa das Palabras, organizada polos Equipos de Dinamización Lingüística, DINAMIZAESTRADA, e que conta coa colaboracón do Concello. No acto estaban presentes representantes dos EDL dos centros educativos e a Concelleira de Educación, Amalia Goldar.

Desctacouse a importancia da actividade para a dinamización da lingua entre a comunidade educativa, así como o valor desta iniciativa realizada de xeito conxunto entre todos os centros educativos do Concello da Estrada.

Deuse a coñecer tamén o padriño desta nova edición, que neste caso será o escritor Antonio García Teijeiro. A parte musical da festa correrá a cargo do Coro "IES Antón Losada Diéguez"


A data de celebración do evento será o próximo martes 6 de xuño, ás 20:30 no Teatro Principal da Estrada, e no mesmo serán entregados os premios aos 62 rapaces e rapazas gañadoras nesta edición do III Concurso de micropoemas e microrrelatos, que neste ano de Carlos Casares  debían incluír as palabras VENTO e VERÁN, respectivamente.

Tamén se presentou o libro no que se recollerán os traballos gañadores, cuxa portada e marcapáxinas foron realizados pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas. A publicación inclúe, de novo, 14 ilustración realizadas polo alumnado de infantil dos sete colexios de primaria da Estrada.

Aí queda a imaxe das/os profes e da concelleira posando co libro e demais material editado.



Estades todos e todas convidados á IV Festa das Palabras.


Na prensa:

La Voz de Galicia


Faro de Vigo



El Correo Gallego



venres, 24 de marzo de 2017

O IV concurso de Dinamizaestrada na prensa

No día de hoxe os medios escritos recolleron a nova do fallo do xurado do IV Concurso de microrrelatos e micropoemas dos centros educativos da Estrada

La Voz de Galicia


Podes consultar a nova na edición dixital AQUÍ

Faro de Vigo

Podes consultar a nova na edición dixital AQUÍ

luns, 20 de marzo de 2017

Publicamos a actas xurado do IV Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada. A reunión do mesmo tivo lugar o pasado martes, 7  de marzo, no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo:CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES nº Un, IES Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez.


Imaxe do xurado no CEIP Pérez Viondi.

O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 e convocou a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrelatos. Nesta ocasión microrrelatos debían conter a palabra VERÁN, e os micropoemas a palabra VENTO. O proceso de elección tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras do autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, Carlos Casares.
Neste segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do concurso, mentras que no terceiro trimestre, a finais de maio, terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos gañadores. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do Concello da Estrada.

A continuación deixamos a acta do xurado, que podes consultar, descargar, imprimir...





luns, 27 de febreiro de 2017

Día de Rosalía no MOME da Estrada.

Un ano máis, o Concello da Estrada promoveu a realización dun acto poético e musical para celebrar o Día de Rosalía. Foi o pasado 23 de febreiro no Museu da Madeira e do Moble da Estrada e nel participamos todos os centros educativos da Estrada, coa lectura de cadanseu poema da nosa escritora. O acto tamén tivo unha parte musical que foi achegada polo alumnado do IES Chano Piñeiro do concello veciño de Forcarei.Para rematar proxectouse o vídeo realizado polo Concello da Estrada onde aparece alumnado dos nosos centros e tamén o realizado polo IES Antón Losada Diéguez para a iniciativa #Rosalíate. Podes velos máis abaixo.

Aí quedan as imaxes do acto:

 O público encheu a sala do MOME

 Marcos Grela e Hiba Lajouad. 
CEIP Cabada Vázquez.
 Kenia Souto Ríos. 
CEIP Figeiroa.
 Antía García Casal e Natalia Riveiro Recimil. 
CEIP O Foxo
 Mirian Vigo Tato e Sara Calvo Rey. 
CEIP Pérez Viondi.

Juan P. Sánchez Mouriño e Luisa Sánchez Mouriño. 
CEIP Plurilingüe de Oca

 
María Correa Iglesias e Lucía Rey Duarte.
 CEIP Villar Paramá
 María Mato Requeijo e Diego Rodrigo Pérez. 
CPR N. S. de Lourdes
Laura Porto González e Aroa Ríos Torres. 
IES Antón Losada Diéguez 

 
 Sanna Chefaoui e Laila Haibouri. 
IES Manuel García Barros
Itziar Cibeira Casal e María Blanco Carbia. 
IES Número Un 

Alumnado do IES Chano Piñeiro de Forcarei



Vídeo Concello da Estrada


 Vídeo EDL IES Antón Losada Diéguez

xoves, 9 de febreiro de 2017

IV CONCURSO LITERARIO DINAMIZAESTRADA

Está en marcha a cuarta edición do Concurso de microrelatos e micropoemas organizada por DINAMIZAESTRADA, Equipos de Dinamización Lingüística dos Centros Educativos da Estrada. Este ano as palabras escollidas foron: VERÁN, para os relatos, e VENTO para os micropoemas, en homenaxe aos títulos do autor escollido neste 2017 para as Letras Galegas, Carlos Casares. Aí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!


As imaxes da 3ª Festa das Palabras no Principal da Estrada

O pasado 26 de maio, un abarrotado Teatro Principal da Estrada acolleu a III Edición da Festa das Palabras na que se entregaban os premios do Concurso de microrrelatos e micropoemas organizados polos EDL dos centros educativos da Estrada, DINAMIZAESTRADA.
A presentación correu a cargo do alumnado do IES nº Un, e a banda sonora correspondeulle ao grupo Nai, que fixeron as delicias dos asistentes.
Foi tamén moi aplaudido o padriño desta nova xeración de xoves creadores, o mestre e escritor David Otero, que non se cansou de asinar libros... 
Aí quedan as mellores imaxes da xornada, realizadas por Jano Sanmartín. Parabéns a todos. Para ver todas as fotos pincha aquí: Fotos 3ª Festa das Palabras.



Fin de festa con todos os premiados e premiadas no escenario

sábado, 21 de maio de 2016

PRESÉNTASE A III FESTA DAS PALABRAS.



Onte venres presentouse, no Concello da Estrada, a 3º Edición da Festa das Palabras, organizada polos Equipos de Dinamización Lingüística, DINAMIZAESTRADA, e que conta coa colaboracón do Concello. No acto estaban presentes representantes dos EDL dos centros educativos e o Concelleiro de Cultura, Juan Constenla.

Desctacouse a importancia da actividade para a dinamización da lingua entre a comunidade educativa, así como o valor desta iniciativa realizada de xeito conxunto entre todos os centros educativos do Concello da Estrada.

Deuse a coñecer tamén o padriño desta nova edición, que neste caso será o escritor e profesor estradense, David Otero. A parte musical da festa correrá a cargo do grupo NAI.
A data de celebración do evento será o próximo xoves 26 de maio, ás 20:30 no Teatro Principal da Estrada, e no mesmo serán entregados os premios aos 62 rapaces e rapazas gañadoras nesta edición do III Concurso de micropoemas e microrrelatos, que neste ano de Manuel María  debían incluír as palabras ORBALLO e GAIOLA respectivamente.

Tamén se presentou o libro no que se recollerán os traballos gañadores, cuxa portada e marcapáxinas foron realizados pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas. A publicación inclúe, nesta ocasión 14 ilustración realizadas polo alumnado de infantil dos sete colexios de primaria da Estrada.

Aí queda a imaxe das/os profes e do concelleiro posando co libro e demais material editado.

Estades todos e todas convidados á III Festa das Palabras.


A presentación na prensa:

Faro de Vigo

La Voz de Galicia





xoves, 14 de abril de 2016

Fallados os premios do Concurso de microrrelatos e micropoemas dos centros educativos da estrada.


Publicamos a actas xurado do III Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada. A reunión do mesmo tivo lugar o pasado martes, 5 de abril, no CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concelllo:CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES nº Un, IES Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez.

O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 e convocou a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrelatos. Nesta ocasión microrrelatos debían conter a palabra GAIOLA, e os micropoemas a palabra ORBALLO. O proceso de elección tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras do autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, Manuel María.
Neste segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do concurso, mentras que no terceiro trimestre, a finais de maio, terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos gañadores. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do Concello da Estrada.

Podes consultar e descargar a acta e a listaxe de premiados e premiadas aquí:



A noticia foi recollida na prensa escrita:

 El Corrreo Gallego

  
La Voz de Galicia 
 
Faro de Vigo



mércores, 16 de marzo de 2016

Colaboración artística entre o IES García Barros e o CEIP Pérez Viondi

O alumnado do bacharelato de artes do IES Manuel García Barros e o seu profesor, Mariano, estiveron hoxe decorando a parede do patio do ximnasio do CEIP Pérez Viondi, dentro do programa Traballando xuntos, do que formamos parte tódolos centros educativos de A Estrada.



Así foi recollida a noticia en: